Poema perdedor
Coma
un poeta dende os meus ollos egocéntricos,
que
se ve musa dende os teus nun poema alleo.
Debuxarme
con verbas para describirme máis preto de ti,
a
base de versos que penetran escachando as miñas perspectivas.
Coma
se quixeses introducirme sorrisos a esgalla
simulando
un concerto aberto,
un
acústico por dentro do corazón,
e
un de rock and roll nas túas saias.
Simulando
un simulacro de sismicidade afirmativa.
Si.
Ti
es a que quería.
Se
ás veces unha canción nos lembra as persoas
ti
es a miña banda sonora
Comezo
a ter morriña dos bos días
nos
que eras ti quen mos daba.
Corrixo
comezo
a ter morriña dos bos días
nos
que era eu quen mos daba
Quero
marchar en avión, tren, coche, imaxinación
a
encher o peito de paz interior
co
fogar pendurando nas costas,
sen
darlla.
Pero
parece que as aspiracións xogan ás agachadas
ou
son eu a que non se atopa
e
elas as que están contando
esperando
a que comece a buscalas
Quizais
sexa que non me inspiren confianza
Quizais
é que non inspiro con suficiente forza
Quizais
é que hai tempo que vivo afogada.
Ás
veces síntome covarde
por
ser tan valente e condicionarme a vida enteira
e
éncheme o medo
si,
mira, xusto aí
velo?
Os
únicos que se manteñen uniformes
son
os meus contrastes interiores
os
únicos que se manteñen constantes
son
os reproches
Sempre
decido quedarme nos recunchos máis escuros
coma
se a miña cabeza fose ceo aberto
coas
estrelas máis fugaces do universo
ou
quixera apagarse
pero
eu sei que estou feita de constelacións
dunha
maior complexidade.
Se
foses capaz de velas tras as miñas atmosferas
Poderías
fuxir do aturullo da cidade
e
acompañarme a descifralas?
Quizais
é esta dobre pel que me cobre
de
petróleo
pegañenta,
afumante e que aprisiona
a
que volve os meusollos opacos
a
que paraliza os meus actos
máis
forte có medo,
máis
imprevisible cós pensamentos
máis
fulminante có berro.
Mastúrbome
a cabeza coa erótica dos pensamentos idealistas
Vivo
nunsoño
que
me esperta polas noites
Quixera
levarte a miña illa particular
para
que deixase de ser deserta
para
que a encheses coa túa soa presenza
Coma
se no planeta se establecese
un
novo eixe sobre o que xirar
e
se atopase xusto
no
lunar do teu peito
Para
que dunha vez a miña gravitación fora a mesma
que
a do resto
Porque
me quedei cravada
sosténdome
no aire
orbitando
ao redor do teu perfume
na
intersección dos teus dedos e o meu xeonllo
Quixera
que viñeras
dunha
vez por todas
Ven
por
favor
Ven
Por
favor
axúdame
que
eu non son
non
son capaz
de
seguir adiante
Ven
por
favor
Ven
por
favor
apértame
que
eu non son
non
son capaz
de
quererme
Ven
por
favor
Que
eu non son
non
son capaz
de
atreverme
Ven
Leva
o teu corpo á terra á miña beira
esperando
a que escampen
as
bombas da miña cabeza.
Quero
coller todas as forzas e as ganas e plantárllelas na cara
a
todos os que non cren en min
co
espello coma primeria vítima
perdoándome
despois
e
bicándome na fronte coma se foses ti
Son
unha cámara hermeticamente pechada
que
se aturulla
cada
vez que lle prestas unha bocanada
de
aire
Es
o osíxeno que substitúe
o
que me consome o meu reloxo
Quero
perseguir os meus medos
empezando
unha revolución
onde
rematan os meus principios
e
ondecomeza a encherse o baleiro
diso
que me fai sentir plena.
Comentarios
Publicar un comentario