Entradas

Mostrando entradas de junio, 2015
Hoy es tu cumpleaños y mi deseo es superarte de una vez.

Poema perdedor

Coma un poeta dende os meus ollos egocéntricos, que se ve musa dende os teus nun poema alleo. Debuxarme con verbas para describirme máis preto de ti, a base de versos que penetran escachando as miñas perspectivas. Coma se quixeses introducirme sorrisos a esgalla simulando un concerto aberto, un acústico por dentro do corazón, e un de rock and roll nas túas saias. Simulando un simulacro de sismicidade afirmativa. Si. Ti es a que quería. Se ás veces unha canción nos lembra as persoas ti es a miña banda sonora Comezo a ter morriña dos bos días nos que eras ti quen mos daba. Corrixo comezo a ter morriña dos bos días nos que era eu quen mos daba Quero marchar en avión, tren, coche, imaxinación a encher o peito de paz interior co fogar pendurando nas costas, sen darlla. Pero parece que as aspiracións xogan ás agachadas ou son eu a que  non se atopa e elas as que están contando esperando a que comece a buscalas Quizais sexa que non me i...